Ricardo Río recibiu o galardón de”World Maior Sustainability Award” de 2021
Esta distinción de ámbito mundial concédese polo traballo realizado no cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento da Sustentabilidade a nivel local e rexional.
Ricardo Río, alcalde de Braga e presidente do Eixo Atlántico, foi galardoado co premio “World Maior Sustainability Award de 2021, Esta distinción de ámbito mundial, atribuída pola City Mayors Foundation, recoñece o traballo realizado polos alcaldes de todo o mundo.
O edil recibiu esta distinción polo traballo realizado no cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento da Sustentabilidade (ODS) a nivel local e rexional, no ámbito da Unión Europea. Así, entre os varios alcaldes de Europa, Ricardo Río foi recoñecido como un dos máis implicados no desenvolvemento sustentable na rexión.
O alcalde de Braga defendeu que "o crecemento sustentable é necesario para proporcionar aos cidadáns unha boa calidade de vida e temos vindo traballar a nivel local, nacional e internacional, para asegurar que os obxectivos definidos pola Unión Europea poidan ser cumpridos".
Máis aló da distinción, en Bruxelas, como membro do Comité das Rexións, o alcalde do municipio de Braga foi o relator seleccionado para elaboración dun informe sobre a implementación dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS) na Unión Europea, sendo aprobado en plenario e adoptado polo Comité das Rexións.