Situada en Leça da Palmeira, é o acto de peche da Capital da Cultura do Eixo Atlántico en Matosinhos
O Concello de Matosinhos inaugurou hoxe, 2 de novembro, a Praza do Eixo Atlántico, destinada a destacar a participación de Matosinhos na comunidade intermunicipal do Norte de Portugal e de Galicia, pondo así fin á programación da Capital da Cultura do Eixo Atlántico 2016, que este ano discorreu nas cidades de Matosinhos e de Vila Real. A cerimonia contou coa presenza de varios responsables políticos dos municipios asociados ao Eixo Atlántico, entre eles Ricardo Río, Presidente do Eixo Atlántico e do Concello de Braga, Alfredo Rodríguez, Vicepresidente do Eixo e alcalde de O Barco de Valdeorras, José Manuel Ribeiro, alcade de Valongo, Rafael Cuiña, alcalde de Lalin, Lara Méndez, alcaldesa de Lugo, Gilberto Baptista, Concelleira de Bragança, Rui Costa, Concelleira de Macedo de Cavaleiros e Xoan Mao, Secretario Xeral da entidade transfronteiriza.
Estiveron presentes, ademais, o Vicepresidente da Cámara de Matosinhos, Eduardo Pinheiro, o concelleiro da Cultura, Fernando Roca, os concelleiros Joana Felício, António Correia Pinto, Lurdes Queirós e José Pedro Rodrigues, ademais do Presidente da Unión de Parroquias de Matosinhos e Leça da Palmeira, Pedro Sousa.
Localizada xunto ao acceso Norte da Ponte Móbil do Porto de Leixões, en Leça da Palmeira, a Praza do Eixo Atlántico conta cunha escultura do artista plástico Paulo Neves, executada durante a última edición do Simposium de Escultura de Matosinhos, este ano integrado na programación da Capital da Cultura do Eixo Atlántico. A intervención plástica de Paulo Neves esténdese tamén aos muros que circundan a praza.
O Presidente do Eixo Atlántico, Ricardo Río, mostrouse satisfeito pola inauguración doutra praza asociada á entidade. Aproveitou tamén para transmitir o seu parabén ao Concello de Matosinhos pola excelencia da programación cultural que preparou para a Capital da Cultura do Eixo Atlántico, unha programación ecléctica, que agradou a todo tipo de públicos e que dinamizou a rexión do noroeste peninsular en conxunto, con Vila Real.
Pola súa banda, o Vicepresidente da Cámara, Eduardo Pinheiro, agradeceu a presenza de todos os alcaldes nesta inauguración que sinala, por unha banda o papel de Matosinhos no Eixo Atlántico, e por outro, a capacidade de crear proxectos que quedan para a Historia como foi o caso desta Capital da Cultura, ambición e proposta persoal do alcalde Guilherme Pinto.