Skip to main content

Modernización do corredor ferroviario Aveiro-Salamanca: A RIET pide unha reunión ao Ministro de Planificación

Modernización do corredor ferroviario Aveiro-Salamanca: A RIET pide unha reunión ao Ministro de Planificación

A Rede Ibérica de Entidades Transfronteiriza celebrou onte en Viana a reunión da comisión executiva

A RIET  (Rede Ibérica de Entidades Transfronteirizas) durante a reunión da Comisión Executiva deste órgano que se realizou onte en Viana do Castelo baixo a presidencia do alcalde José Maria Costa, manifestou a súa preocupación pola modernización do corredor ferroviario Aveiro-Salamanca, solicitando unha audiencia ao Ministro da Planificación e das Infraestruturas, Pedro Marques.

Esta foi unha das conclusións da reunión realizada en Viana do Castelo, que serviu para preparar as propostas do próximo Cumio Ibérico 2018. Esta entidade transfronteiriza, proxecto nado en 2009 e constituído por organizacións municipais, empresariais e académicas próximas da fronteira de España e Portugal, foi creada para promover a cooperación transfronteiriza, o desenvolvemento socioeconómico nos territorios fronteirizos e de establecerse como unha única comunidade de interese ante os gobernos de España, Portugal e da Unión Europea.

Na reunión foron delineadas as propostas, que se dividen en cinco eixos estratéxicos considerados vitais para a competitividade do territorio ibérico e do benestar dos seus cidadáns. Así, destácase a creación dunha Unidade de Coordinación de Emerxencias, a articulación de mecanismos para a seguridade marítima, pero tamén, no que toca á mobilidade, o investimento na modernización do corredor Aveiro-Salamanca.

Por iso, quedou decidido solicitar á administración competente unha reunión para debater este asunto, xa que no próximo Cume Ibérico debaterase a creación dun Plan de Mobilidade Transfronteiriza.

Paralelamente transcorreu tamén a reunión do Consello Consultivo de Fronteira, que contou coa participación de Luís Braga da Cruz, Júlio Pedrosa, José Soeiro, Eduardo Junco, José Bugallo, Arlindo Cunha e Xoán Vázquez Mao.

Galería de fotos