Skip to main content

Mirandela inaugura o percorrido da Bienal de Pintura do Eixo Atlántico

Mirandela inaugura o percorrido da Bienal de Pintura do Eixo Atlántico

O xurado seleccionou 30 obras entre as 119 inscritas nesta edición

A XIII Bienal de Pintura do Eixo Atlántico comeza 2022 coa súa primeira exposición, despois dun longo período de espera, debido ás alteracións impostas pola pandemia. Até o 1 de febreiro, as 30 obras estarán expostas no Museo Municipal Armindo Teixeira Lopes, en Mirandela.

A exposición conta con obras dunha ampla variedade de estéticas, linguaxes e técnicas que se presentaron a concurso, que foron seleccionadas polo xurado presidido por Antón Pulido e composto por Carlos López Bernárdez, Helena Mendes Pereira, Patrícia Oliveira e Fátima Tees, vencedora da última edición.

A esta décimo terceira edición presentáronse un total de 119 obras que, tras diversas reunións do xurado, seleccionou as 30 obras que conforman catálogo.

Os premiados son:

1º Premio: Coração Resiliente de Tito Senna

2º Premio: Betty de Fruela Alonso Blanco

Premio Jovens Talentos: As cancións de mariñeiros que falan de liberdade escríbeas xente de terra de Breogán Torres Gutiérrez

Xunto a 5 Mencións de Honra:

1.- 2D-3D de Francisco Javier Pena Fernández

2.- Con la que está cayendo de J. Antonio Castro-Muñiz

3.-Poéticas do Desejo de Ricardo de Campos        

4.- Untitled de Thomas Apostolou

5.- That was just a dream de Raul José de Oliveira Ferreira    

Os premios , nesta edición ascenden a 4.000 euros para a mellor obra do certame, 2.000 euros para o 2º premio e 1.500 para o Premio Novos Talentos Luso-galaicos, para novos artistas con idades comprendidas entre os 16 e os 25 anos de idade.

Tras Mirandela, a exposición percorrerá as cidades de *Barcelos, Viana do Castelo, Monforte de Lemos, Maia e a Deputación de Ourense, até o mes de agosto.

Enlace ao catálogo da XIII Bienal de Pintura do Eixo Atlántico