Skip to main content

Mirandela acolleu a entrega de premios da Bienal

Mirandela acolleu a entrega de premios da Bienal

Foron expostas as 30 obras selecionadas polo xurado das 119 inscritas

A XIII edición Bienal de Pintura do Eixo Atlántico despídese de Mirandela para tomar rumbo ás próximas paradas. As obras mostráronse no Museo Municipal Armindo Teixeira Lopes ata o 1 de febreiro, día no que se celebrou a entrega de premios.

Ao acto asistiron Júlia Rodrigues, alcaldesa de Mirandela, diversas autoridades da cidade e Xoán Vázquez Mao, Secretario Xeral do Eixo Atlántico, xunto cos representantes do IPDJ e da Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia.

Tras visualizar 119 obras inscritas e seleccionar 30 delas, o xurado decidiu outorgar o primeiro premio como “Mellor obra do certame” a Coração Resiliente, de Tito Senna e, no segundo posto, a Betty, de Fruela Alonso Blanco. Ademais, o Premio Jóvenes Talentos recibiuno As cancións de mariñeiros que falan de liberdade escríbeas xente de terra, de Breogán Torres Gutiérrez. Por outro lado, realizáronse cinco Mencións de Honra.

O recoñecido artista Antón Pulido, presidiu o xurado que, á súa vez, estivo composto por Marta Ferreira, secretaria, e catro vogais, Carlos López Bernárdez, Helena Mendes Pereira, Patrícia Oliveira e Fátima Teles.

O Secretario Xeral do Eixo Atlántico, Xoán Vázquez Mao, asegurou que: "Non é casualidade que o primeiro acto con público tras o peor da pandemia se organizase sobre cultura e no interior. Cultura, porque é un selo de indentidade que define ao Eixo e, no interior, porque é unha aposta clara coa intención de favorecer a cohesión do territorio".

A exposición poderá visitarse a partir do 4 de febreiro en Barcelos, Viana do Castelo, Monforte de Lemos, Maia e a Deputación de Ourense, ata o mes de agosto.

Tras 25 anos, a Bienal de Pintura consolídase como unha oportunidad para que os artistas do Eixo Atlántico disfruten dun recoñecemento profesional e é unha plataforma de lanzamento de pintores mozos da Eurorexión. Nesta edición os galardóns ascenden a 4.000 euros para a mellor obra do certame, 2.000 euros para o 2º premio e 1.500 para o Premio Jóvenes Talentos Luso-galaicos.

Na página web do Eixo Atlántico pódese realizar un percorrido virtual pola exposición na seguinte ligazón e descargarse o catálogo da XIII Bienal nesta ligazón.