O alcalde de Matosinhos, Guilherme Pinto e a Vicepresidenta de Vila Real, Eugénia Almeida, participaron no programa Hoy Por Hoy, Sen Fronteiras, que emiten simultaneamente Localia Vigo e Radio Vigo, Cadena SER.
Os edís relataron algúns dos eventos previstos dentro da Capital da Cultura do Eixo Atlántico, que por primeira vez organizan conxuntamente estas dúas cidades baixo a lema "Do Douro ao Atlântico".
A Capital da Cultura do Eixo Atlántico, coincidiron, é "un brinde pola nosa cultura e unha mestura interesante entre artistas consagrados e noveis que terán o seu espazo de reivindicación da cultura da eurorrexión sen esquecer a súa vertente gastronómica e turística".