Skip to main content

Marta Rouco, alcaldesa de Vilalba, nova presidenta do Grupo Temático de Política Social do Eixo Atlántico

Marta Rouco, alcaldesa de Vilalba, nova presidenta do Grupo Temático de Política Social do Eixo Atlántico

O Eixo Atlántico celebrou de maneira virtual unha nova reunión do Grupo Temático de Política Social, na que se aprobaron as principais liñas de traballo para os vindeiros anos e se reforzou a cooperación entre os municipios de Galicia e o Norte de Portugal nesta materia. 

Durante o encontro, presentáronse e debatéronse as propostas de traballo para 2026, destacando a elaboración de tres informes clave: o Informe de Pobreza, o Informe de Migración e o Informe de Planificación Urbana Sustentable e Cohesión Social, con especial atención ao acceso á vivenda. Estes documentos buscan ofrecer un marco estratéxico que permita abordar de maneira coordinada os retos sociais e urbanos na rexión do Eixo Atlántico.