Skip to main content

Máis de 100 mozos de Galicia e do norte de Portugal competiron no III Torneo de Taekwondo do Eixo Atlántico

Máis de 100 mozos de Galicia e do norte de Portugal competiron no III Torneo de Taekwondo do Eixo Atlántico

7 cidades da Eurorrexión participaron no torneo durante a fin de semana do 9 e 10 de abril en Vila Nova de Gaia

Un total de 7 municipios de Galicia e do norte de Portugal participaron na competición “Trofeo Cidade de Gaia” no Centro de Alto Rendimento de Gaia. Participaron representantes das localidades de Vila Nova de Gaia, Maia, Valongo, Santa María da Feira, Braga, A Coruña e Ponteareas.

O torneo de Taekwondo naceu en 2017 co obxectivo de ser un encontró de referencia dos clubs e asociación da Eurorrexión que practican esta disciplina, promovendo a visibilidade desta modalidade. Esta actividade desenvólvese no marco do proxecto Hi_Experience cofinanciado polo programa Interreg V-A España-Portugal (POCTEP). A competición está destinada aos municípios do Eixo Atlántico que participan a través dos seus clubs e asociacións, com atletas nacidos entre 2000 e 2005.

O programa constou dun primeiro día de competición deportiva que comenzou co peso dos participantes ás 8 da mañá. En torno ás 10 da mañá, despois das reunións de árbitro e delegados, deron inicio os combates que se extenderon ata as 19.30 horas cando se procedeu á entrega de trofeos e medallas.

Consulte aquí os resultados.

A xornada do domingo, pola súa parte, estivo pensada para o intercambio de experiencias entre o participantes, com actividades de ócio e cultura, para coñecer a cidade de Vila Nova de Gaia.