Skip to main content

Máis da metade da poboación mundial vivirá en cidades en 2050

Máis da metade da poboación mundial vivirá en cidades en 2050

O Eixo Atlántico presentou o informe “As cidades ante os novos retos: apuntamentos para unha reflexión”, un estudo dirixido polo catedrático Fernando González Laxe no que realiza un análise da coyuntura económica, demográfica e do comportamento poboacional das cidades de Galicia e do Norte de Portugal en 2023

Fernando González Laxe, catedrático de Economía Aplicada da Universidade da Coruña e autor do estudo xunto con Arlindo Cunha, profesor de Economía na Universidade Católica do Porto, o presidente do Eixo Atlántico, Luís Nobre, e o secretario xeral, Xoán Vázquez Mao, presentaron o informe “As cidades ante os novos retos: apuntamentos para unha reflexión” no Club Financiero de Santiago de Compostela. Roberto Pereira, presidente do CFS, inaugurou o acto. portadal gal

O estudo constitúe unha fotografía da situación social e económica das cidades e do territorio da Eurorrexión e realiza un diagnóstico da situación actual, que constitúe un soporte de información para promocionar as áreas territoriais do Eixo Atlántico. O informe é un instrumento para o análisis, non só individual, senón colectivo, xa que tamén compara os territorios da Eurorrexión.

No informe socioeconómico, ademais de analizar a coyuntura económica, estúdase a situación demográfica e o comportamento poboacional na economía dos fogares, as condicións de vida das persoas, as características das empresas, o mercado de traballo e os aspectos relacionados co turismo.

No actual escenario urbano global, máis da metade da poboación mundial reside en cidades, con proxeccións da ONU que apuntan a un aumento a case o 70% para 2050. As cidades están a converterse en centros vitais de poder económico, innovación e coñecemento, non só como conglomerados poboacionais, senón como lugares esenciais para o progreso das sociedades no século XXI. Sen embargo, este crecemento vai acompañado de desafíos significativos, desde o aumento da poboación urbana ata o cambio climático e as crecientes desigualdades económicas.

En resposta, os gobernos locais asumiron un papel activo no desenvolvemento de estratexias a longo prazo, co obxectivo de facer as cidades máis resilientes, inclusivas e sostibles. O enfoque atópase na integración dos tres piares da sustentabilidade —económico, social e ambiental— ademais da crecente importancia da gobernanza institucional para garantir unha xestión eficaz e transparente.

Estes son algúns dos principais obxectivos que conforman as axendas urbanas prioritarias para operacionalizar as estratexias de desenvolvemento sostible, alineadas cos compromisos globais, como os Acordos de París e a Axenda Urbana da Unión Europea.

Non obstante, para facer fronte aos desafíos actuais, é necesario que as cidades de Galicia e do Norte de Portugal se adapten e se preparen para as ameazas externas, como as crises económicas, pandemias e conflitos xeopolíticos. A colaboración entre gobernos locais, empresas e cidadáns será fundamental para alcanzar un desenvolvemento verdadeiramente sostible, garantindo un futuro máis equilibrado e próspero para todos.

Segundo o estudo, a implementación de políticas públicas eficaces, con enfoque na sustentabilidade económica, social, ambiental e institucional, é esencial para transformar as cidades en axentes de cambio, capaces de facer fronte aos desafíos do futuro.

Descargue o informe completo: “As cidades ante os novos retos: apuntamentos para unha reflexión”.