A mostra dos 25 anos do Eixo permanecerá neste municipio ata o 31 de maio
A Cámara Municipal de Maia acolle xa a exposición conmemorativa dos 25 anos do Eixo Atlántico. O presidente da Cámara, António Bragança Fernandes, inaugurou a mostra o dia 17 de maio na Praça Doutor José Vieira de Carvalho, onde permanecerá ata final de mes.
Tras a súa inauguración en Lugo o 15 de febreiro, e o seu paso por Bragança, Viana, Guimarães e Valongo, a Exposición Conmemorativa dos 25 anos do Eixo actualmente xa se pode ver no municipio de Maia.
A partir do 1 de xuño a exposición será trasladada a Braga, onde permanecerá outras dúas semanas aproximadamente ata a súa montaxe en Sarria, a mediados de xuño.
Trátase dunha mostra composta por 36 lonas articuladas en forma de cubos onde se fai un percorrido pola historia do Eixo e os seus fitos de cooperación transfronteiriza e vertebración do sistema urbano.