
A exposición, con 25 obras de artistas de Galicia e do Norte de Portugal, poderase visitar no Vello Cárcere ata o 30 de decembro. A partir de 2024, a Bienal de Pintura percorrerá, até outubro, diferentes cidades do Eixo Atlántico
A XIV Bienal de Pintura do Eixo Atlántico inaugurouse esta tarde no Vello Cárcere de Lugo, onde se poderá visitar ata o 30 de decembro. Ao acto asistiron Mauricio Repetto Morán, Tenente Alcalde de Lugo, Sagrario Sánchez Ramil, Xefa Territorial de Cultura, Educación , Formación Profesional e Universidades, João Ribeiro da Silva, Xefe da Divisão de Promoção e Dinamização Cultural da Direção Regional de Cultura do Norte e Xoán Vázquez Mao, secretario xeral do Eixo Atlántico.
Durante a inauguración fíxose entrega dos premios:
1º Premio: O corpo da paisagem de Ricardo de Campos
2º Premio: Dactilografia de um sonho de Margarida Gomes
Premio Novos Talentos: Nem Uma Passa? de Gonçalo Ribeiro
Os galardóns, nesta edición, ascenden a 4.000 euros para a mellor obra do certame, 2.000 euros para o 2º premio e 1.500 para o Premio Novos Talentos Luso-galaicos, para mozos artistas con idades comprendidas entre os 16 e os 25 anos de idade.
A exposición conta con obras dunha ampla variedade estética e técnica. Das 104 obras presentadas, 25 foron seleccionadas polo xurado formado por Helena
Mendes Pereira, que o presidiu, e tamén Sara Pérez Bello, designada pola Xunta de Galicia, João Ribeiro da Silva, designado pola Direção Regional de Cultura do Norte, Patrícia Oliveira, designada polo Instituto Português do Desporto e da Juventude e Tito Senna, gañador da XIII Bienal, secretariado por Marta Ferreira do Eixo Atlántico.
A partir do mes de xaneiro de 2024, a exposición percorrerá, até outubro, as cidades de Braga, Bragança, Maia, Ribeira, Felgueiras, Vila Real, Vila Nova de Gaia, Barcelos e Monforte de Lemos.
Clique neste enlace para acceder ao catálogo da XIV Bienal de Pintura do Eixo Atlántico.
Este proyecto está cofinanciado por la candidatura Fénix, en el marco del programa Interreg España-Portugal (POCTEP) 2021-2027.