A actividade, enmarcada na Capital da Cultura do Eixo Atlántico, será ás 18.00 horas en Augas Férreas. Este espectáculo dirixido a un público familiar é de libre acceso e gratuito
Lugo segue a desfrutar ata novembro de actividades programadas ao amparo da capitalidade cultural do Eixo Atlántico e hoxe chega a Augas Férreas a última función de ‘titerecirco’. Será a partir das
18.00 horas e o espectáculo, de libre acceso e gratuito, correrá a cargo da compañía Alakrán, que presenta o espectáculo ‘Circo Galaico’.
O Concello recupera así un espectáculo para público familiar que estaba previsto para agosto e que tivo que aprazarse por motivos meteorolóxicos. A cidade seguirá acollendo actividades da capitalidade cultural do Eixo Atlántico os próximos meses e nesa axenda inclúense neste ano citas destacadas do calendario lucense, como o Caudal Fest, o San Froilán ou o concurso de tapas. Pero no calendario incorpóranse máis citas, como unhas catas literarias que están previstas para outubro ou un encuentro de cidades que son patrimonio da humanidade.
Consulte aquí o programa completo: