Os gañadores do concurso da banda deseñada do Eixo reciben a súa caricatura personalizada
O artista portugués Adão Silva realizou os retratos "in situ" dos vencedores
A existosa distribución do cómic "O báculo de Daghdha" que levou a cabo o Eixo Atlántico a través da prensa galega a principios de xullo incluía tamén un concurso consistente nunha pregunta sobre o libro, cunha caricatura personalizada e dedicada por Adão Silva como agasallo. O pasado día 20 realizouse a entrega do premio nalgúns medios participantes.
No caso do Diario de Pontevedra o agraciado resultou Joaquín Viñas "Caki", un asiduo lector do xornal e amante do mundo dos cómis, quen se mostrou moi feliz co premio e a dedicatoria do autor do cómic, Norberto Fernández. Pola súa banda, no Correo Galego o gañador foi o mozo Adrián Iglesias, quen tamén levou o cómic dedicado, ademais da súa caricatura personalizada realizada por Adão Silva. No Progreso, por último, a vencedora foi Ana Cortés, natural de Castroverde (Lugo), moi afeccionada aos cómics desde a súa infancia en Amberes.
https://www.eixoatlantico.com/gl/noticias/eixo-atlantico/los-ganadores-del-concurso-del-comic-del-eixo-reciben-su-caricatura-personalizada-2#sigProId7e06fa1e2b