Skip to main content

O Camiño de Santiago Portugués centra o debate en Localia e Radio Vigo

O Camiño de Santiago Portugués centra o debate en Localia e Radio Vigo

No faladoiro participaron o presidente da Asociación Amigos do Camiño Portugués, Celestino Lores, e o arquitecto portugués Rui Loza

O programa Hoy por Hoy, Sin Fronteras, que emite mensualmente Localia TV e Radio Vigo, abordou a cuestión da potenciación e mellora do Camiño de Santiago Portugués. Comentouse en qué punto está e qué é o que queda por facer para equiparalo ao Camiño Francés de cara ao próximo Xacobeo a celebrar en 2021.

No faladoiro, o presidente da Asociación Amigos do Camiño Portugués, Celestino Lores, destacou o traballo da súa Asociación na potenciación do Camiño Portugués e o gran incremento de peregrinos que rexistrou o citado camiño sobre todo nos derradeiros anos. Lores, alertou do perigo dunha masificación do Camiño Portugués cando actualmente, carece das infraestruturas precisas para asumilo.

 

Pola súa parte, o arquitecto portugués Rui Loza, redactor do informe encargado polo Eixo Atlántico sobre as posibilidades da candidatura do Camiño Portugués a Patrimonio Material da Humanidade, que otorga a UNESCO, señalou a viabilidade desta posibilidade e fixo fincapé en que se trata dun percorrido con factores non só espirituais, se non tamén turísticos, económicos e culturais.