Skip to main content

A CEP e o Eixo Atlántico crean un grupo de traballo para a mellora das infraestruturas na eurorrexión

A CEP e o Eixo Atlántico crean un grupo de traballo para a mellora das infraestruturas na eurorrexión
A Confederación de Empresarios de Pontevedra convidará a participar nun foro a organizacións empresariais, sociais e sindicais da provincia.
 
O presidente da Confederación de Empresarios de Pontevedra, CEP, Jorge Cebreiros, transmitiu a súa preocupación pola situación das infraestruturas, en especial as ferroviarias, na provincia de Pontevedra, asegurando a vontade dos empresarios de mellorar a competitividade das empresas a partir de impulsar este grupo de traballo, dando solucións a todas as escalas da sociedade. 
 
A CEP empregará como documento de partida o estudo elaborado polo catedrático da Universidade da Coruña, Miguel Rodríguez Bugarín, por encargo do Eixo Atlántico.
 
No encontro cos medios de comunicación o secretario do Eixo Atlántico, Xoán Vázqez Mao, asegurou que para cohesionar o territorio da eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, se requiren o que definiu como “as tres patas das infraestruturas”. A mellora da conexión ferroviaria entre Lugo e Ourense, a consolidación do Porto Seco de Monforte de Lemos para dar salida a Europa das mercancías dos portos galegos e a conexión tanto de pasaxeiros como de mercancías entre Coruña e Lisboa, para o que é preciso a Salida Sur de Vigo. 
 
Vázquez Mao recordou que o informe de Bugarín evalúa as obras para a salida Sur de Vigo en 450 millóns de euros.