A vicepresidenta e o secretario xeral debullaron os retos aos que se enfronta a entidade cando está a piques de cumprir 30 anos traballando na cooperación transfronteiriza
A vicepresidenta do Eixo Atlántico e alcaldesa de Lugo, Lara Méndez e o seu secretario xeral, Xoan Vázquez Mao, ofreceron a súa perspectiva da evolución do Eixo Atlántico como entidade de cooperación transfronteiriza, a piques de cumprir 30 anos da súa fundación. Ambos participaron no espazo radiofónico O Compás de Onda Cero Galicia, presentado por Anxos San Luís.
Ao longo do programa contaron a evolución da entidade, así como os retos aos que se enfronta. A internacionalización do Eixo Atlántico con proxectos aprobados pola Comisión Europea na fronteira de Brasil e Uruguai permitirán “exportar” o modelo organizativo e apoiar o desenvolvemento futuro de redes similares ás de Galicia e o Norte de Portugal.
Ademais, varias cidades integradas no Eixo Atlántico participasen en intercambio de experiencias en materias nas que son líderes, con cidades doutros países con intereses comúns de Norte América e Asia.
Escoite o programa: