Skip to main content

A Asemblea Xeral do Eixo Atlántico aproba un orzamento de 3 millóns de euros para 2016

A Asemblea Xeral do Eixo Atlántico aproba un orzamento de 3 millóns de euros para 2016

A Clausura foi presidida polo MInistro de Planeamento e Infraestruturas de Portugal, Pedro Marques

O Presidente da Asemblea, José Maria Costa, o Presidente do Eixo Atlántico, Ricardo Rio, e o vicepresidente, Alfredo García, presidiron a XXIV Asemblea Xeral do Eixo Atlántico celebrada no Europarque, en Santa Maria da Feira.

Alcaldes dos 38 municipios e entidades que a compoñen aprobaron un orzamento de 3 millóns de euros para o exercicio 2016.Do total un 15%, proveñen das cotas que achegan os concellos, mentres o groso do orzamento xérase con recursos externos. A Asemblea foi informada os proxectos europeos aos que se ha candidatado o Eixo Atlántico.

 

O programa do Eixo Atlantico continua a impulsar a cooperación transfronteriza a través de actuaciones en materia de Cultura (Capital Cultural do Eixo Atlántico; Bienal de Pintura), de Educación (Seminario de Intercambio de Experiencias no ámbito da educación e Mostra Musical) de Deportes (Xogos do Eixo Atlántico, torneo de hokei a patíns e Seminario de Intercambio de Experiencias no ámbito do deporte, e de turismo, especialmente vocacionadas á participaçión social na construción da Eurorrexión. Tamén se incrementa o apoio da Axencia de Ecoloxía Urbana do Eixo Atlántico aos plans de varios municipios en materia de sustentabilidade.

A Asemblea aprobou tres eixos centrais de acción política para 2016:

- A recuperación e promoción do Camiño Portugués a Santiago, obxectivo no que o Eixo Atlántico vén traballando desde 2013 para conseguir que en 2021, próximo ano Xacobeo, o Camiño Portugués estea ao mesmo nivel que o francés.

- O segundo obxectivo, que foi reforzado polas declaracións do Ministro de Infraestruturas de Portugal, Pedro Marques, é a culminación do mapa ferroviario da costa unido á modernización da liña Porto Vigo e a saída de mercadorías desde Aveiro-Salamanca-fronteira francesa.

- O terceiro eixo político será o impulso das infraestruturas da franxa interior centrado en catro obxectivos:
1.    A conexión por estrada entre Bragança e Puebla de Sanabria
2.    O impulso das conexións ferroviarias entre a costa, Tras ós Montes e Alto Douro
3.    A conexión ferroviaria entre Lugo e Ourense
4.    O impulso á saída das mercadorías dos portos galegos a través de Monforte.

 

No ámbito da cooperación internacional, o Eixo Atlántico reforza a súa posición como lobby a través tanto da da Rede Ibérica de Entidades Transfronteirizas, RIET, como da estratexia conxunta coa Conferencia das Cidades do Arco Atlántico para impulsar unha estratexia do Atlántico. Neste sentido a Asemblea valoro a importancia que a Comisaria Europea de Política Rexional, Corina Creu deu ao desenvolvemento da cooperación ao enviar á súa Comisionada, Verónica Gaffey, a visitar a eurorrexión Galicia Norte de Portugal no programa de avaliación da cooperación transfronteiriza en Europa, así como que a organización de dita visita fóselle encargada ao Eixo Atlántico.