Infraestructuras, cooperación portuaria e situación política de Portugal no programa especial do Eixo Atlántico en Onda Cero Vigo
Onda Cero Vigo entrevistou ao secretario xeral do Eixo Atlántico, Xoán Vázquez Mao, ao presidente da Cámara Municipal de Braga, Ricardo Rio e ao presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Jesús Vázquez Almuiña
Os temas principais tratados na entrevista conducida por Rubén Rey foron: a situación das infraestructuras, as eleccións en Portugal e a cooperación en materia de portos.
A actualidade tamén primou y tratouse a guerra de Ucrania. Xoán Vázquez Mao asegurou que "todo o que pensabamos que ía ser ciencia ficción, unha pandemia primeiro e unha guerra despois, esta a converrtir nunha realidade dfícil de crer [...]. Hai una dicotomía moi difícil de resolver, cando a xente critica as actuacións da Comisión Europea ou á dos dirixentes políticos de todas as cores, hai que pensar que o corpo pídenos unha resposta pero todo o que non sexa prudencia pode levarnos a unha saída de consecuencias absolutamente incalculables".
En canto á victoria de Costa, Mao opina que: " As maiorías absolutas teñen un pro, que é que permiten, efectivamente, tomar decisións incluso algunas impopulares e xestionar, e un contra, que é que poden xestionarse dende a democracia ou dende unha certa arrogancia".
Ricardo Rio, actual presidente da Cámara Municipal de Braga, considera que: " O resultado final ten un dato positivo que é a liberación do Partido Socialista ás condicionantes que lle impoñía o Partido Comunista e o Bloque de Esquerdas pero sólo conseguiron a maioría cos votos destes partidos coa amenaza dunha posible victoria do PSD".
Durante a entrevista, os participantes enfatizaron en que Portugal e Galicia deben cooperar e non competir. "Culquera estaría feliz en ter un socio como Portugal ou Galicia", afirma Mao.
Pola súa parte, Jesus Vázquez Almuíña, presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, afirmou que: "Demos aproveitar as características que temos, solicitar infraestructuras e potenciar o corredor do Atlántico do Noroeste que tanto nos interesa para poder acceder a Europa e ser nós uhna vía de entrada de América e, incluso, África".
Escoite o programa: