A Bienal de pintura do Eixo Atlántico é un espazo de promoción e intercambio de novas creadoras e creadores do noroeste peninsular. Este concurso pictórico, destinado a obras inéditas, comezou a súa andanza coa súa primeira edición no ano 1997. Dende entón, a exposición itinerante da Bienal percorre a xeografía de Galicia e Portugal. 
Nesta ocasión, a cidade de Lugo albergará unha retrospectiva de obras premiadas no certame ao longo das súas últimas trece edicións.
Bienal Virtual
Na edición de 2022, co obxectivo de aptarse ás circunstancias sanitarias provocadas pola pandemia, a exposición incorporou a novidade de poder ser visitada virtualmente. Clique neste link para percorrer dixitalmente a XIII Bienal de Pintura del Eixo Atlántico
