Os primeiros Xogos despois da pandemia, alcanzan o número record de 2.200 participantes o que o converte nun dos eventos deportivos con maior participación a nivel europeo
O Secretario de Estado do Deporte de Portugal, João Paulo Correia, a Secretaria de Estado de Valorização do Interior, Isabel Ferreira, a Presidente do Eixe Atlántico, Lara Méndez, o Vicepresidente do Eixe Atlántico, Ricardo Río, o Alcalde da Maia, António Silva Tiago, xunto con presidentes e representantes de todas as cidades participantes, alén do Presidente do Grupo Temático de Deporte, José Guilherme Aguiar, e o Secretario Xeral do Eixe Atlántico, Xoán Vázquez Mao, recibiron os 2.200 participantes na praza Doutor José Vieira de Carvalho.
Esta tarde inaugurouse a XIV edición dos Xogos do Eixe Atlántico que se realizarán durante esta semana até venres, 8 de xullo na Maia. Durante o acto, que tivo lugar na praza Doutor José Vieira de Carvalho, desfilaron as 28 delegacións que participan este ano e que reunirán 2.200 participantes, o número máis alto en toda a historia dos Xogos.
Nesta edición, que debería acontecer en 2021 mais que se adiou debido á pandemia, estreouse a marcha dos Xogos do Eixe, unha obra do compositor portugués Victor Sampaio Días, e que soará na entrega de todos os trofeos.
Maia, Matosinhos, Gondomar, Bragança, Famalicão, V.N. de Gaia, Vila Real, Peso da Régua, Valongo, Braga, Barcelos, Viana do Castelo, Santa Maria da Feira, Amarante, Guimarães, Póvoa de Varzim, Lugo, Ourense, Carballo, O Barco de Valdeorras, Pontevedra, Monforte de Lemos, Ponteareas, Vilagarcía de Arousa, A Coruña, Sarria, Santiago de Compostela e Vigo participan nesta edición.
O desfile inaugural percorreu as rúas da Maia desde o Estadio José Vieira de Carballo até á Praza Doutor José Vieira de Carvalho. Durante o acto, os atletas foron acompañados por grupos etnográficos da Galiza e do norte de Portugal: Romanos do Arde Lucus abriron o desfile, seguidos das delegacións, e entre elas, desfilaron os Caretos e Gaiteiros de Bragança, Gaiteiros de Ourense e os Cabeçudos e Gigantones de Viana do Castelo, aliando deporte e cultura tradicional e etnográfica.
As modalidades deportivas en competición son andebol feminino e masculino, fútbol 7 masculino, voleibol feminino, baloncesto masculino e feminino, natação e natação adaptada, atletismo e atletismo adaptado.
Deporte adaptado
Como vén sendo habitual nos Xogos do Eixe Atlántico, esta edición tamén integra varias modalidades de deporte adaptado, coa participación de case 200 persoas, en liña coa filosofía do Eixe Atlántico de eliminar barreiras e fomentar a participación de todos os mozos. O deporte adaptado forma parte dos Xogos para favorecer a integración e convivencia dos deportistas.
Desde a súa orixe, en 1995, esta competición é unha das principais bandeiras do Eixe Atlántico e un factor de gran mobilización de mozas atletas.
Os Xogos visan promover o deporte, a convivencia entre os mozos e, tamén, entre os cidadáns das dúas rexións. Realízanse de dous en dous anos e constitúen un evento deportivo transfronteirizo único na Europa.
Homenaxes
Nesta XIV edición dos Xogos homenaxeouse Fernanda Ribeiro, atleta portuguesa, especialista en probas de longa distancia que foi campioa olímpica de 10 000 metros nos Xogos de Atlanta 1996.
Tamén homenaxeouse a Joaquín Quintas, Quino, como todos o coñecemos, colaborou durantes moitos anos co Eixe no ámbito do Deporte, especialmente nos Xogos. Este ano Quino despídese do Eixe, polo que é o momento correcto para lle prestarmos esta xusta homenaxe polo seu inestimável contribución para elevar os Xogos de edición para edición.
A outra persoa homenaxeada foi Francisco García que, mentres colaborador do Concello de Ourense, durante anos participou e colaborou dunha forma moi proactiva en diversas edicións dos Xogos do Eixe Atlántico. Este ano despídese de nós, polo que este é o momento ideal para lle prestarmos unha xusta e sentida homenaxe. Quen coñece o Francisco, recoñécelle a boa disposición, o companheirismo, o espirito de axuda e preocupación polo outro.
Maria Fernanda Moreira Ribeiro naceu en Penafiel en 1969. Con só 16 anos conseguiu en 1985 o seu primeiro título de campioa de Portugal nos 3 mil metros.
Pouco despois, en 1988 foi proclamada en Sudbury vice-campioa mundial júnior nesta mesma proba. Na mesma temporada participou tamén nos Xogos Olímpicos de Seúl 1988, sendo eliminada nos 3000 metros, e o mesmo ocorreu nos Xogos de Barcelona 1992. En 1994 foi campioa da Europa dos 3000 metros en pista cuberta en París, e dos 10.000 metros ao ar libre en Helsinki.
O maior éxito de Fernanda Ribeiro foi nos Xogos Olímpicos de Atlanta 1996 ao gañar a medalla de ouro dos 10000 metros batendo o record olímpico con 31:01,63.
A Presidente do Eixe Atlántico, Lara Méndez, quixen transmitir a súa satisfacción por poder inaugurar unha nova edición dos Xogos, ?un evento que, alén de promover a práctica deportiva como un complemento indispensábel da formación para a xuventude, contribúen para promover a cohesión dos municipios do Noroeste Peninsular entre si, creando un espírito de confraternização que permite ás xentes de territorios veciños recoñecérense como amigos dentro desta gran familia do Eixe Atlántico?.
Lara Méndez destacou a importancia do deporte no desenvolvemento da personalidade dos e das mozas e dos valores que incutam: companheirismo, tenacidade, superación e respecto. Especialmente polo adversario. Competitividade, non enfrontamento, porque este, tanto no ámbito deportivo como no resto non viabiliza o entendemento nin o progreso?, afirmou.
?Estes días, aquí, na Maia, o deporte será, tamén, un estandarte, un sinal de identidade que mobiliza miles de persoas nun acontecemento transfronteirizo con capacidade de fomentar o coñecemento mutuo e a inter-relación entre dúas culturas irmás. Un punto de encontro enriquecedor que contribúe para vertebrar o territorio e permitirá a materialização de sinerxías e, por tanto, o crecemento socioeconómico. E unha oportunidade para promover e valorizar os nosos recursos patrimoniais, históricos, culturais, ambientais e gastronómicos?, destacou a Presidente do Eixe.
Xoán Vázquez Mao, Secretario Xeral do Eixe Atlántico, asegurou que: ?Os Xogos son a mostra da consolidación do Eixe Atlántico de que, a pesar das crises, a cada edición ten máis participantes. Igual que o Eixe, que segue aumentando as petição de adhesión?.
O Secretario Xeral engadiu: ?Mais os Xogos tamén son un exemplo e un símbolo da nosa capacidade de superación en todas as crises que vivimos?.
O Alcalde da Maia, António Silva Tiago, asegurou: "Seremos a vosa casa nestes 5 días, en que iredes encher de alegría, movemento e cor, os varios equipamentos deportivos municipais onde se van realizar as diversas probas, nas modalidades da vosa preferencia. Estades na cidade do deporte, onde as posibilidades para a súa práctica son inmensas e diversificadas, sexa para manter o físico e a mente en boa forma, sexa para abrazar unha carreira deportiva e, a través dela, chegar máis lonxe, máis alto, máis rápido e triunfar, facendo da ambición de subir ao pódio, un obxectivo de superación e elevación a patamares de desempeño máis desafiantes e ousados".
"Mais na Maia, a importancia que damos ao fenómeno deportivo vai para alén diso e coloca a nosa esixencia, atribuíndo ao deporte, a condición de factor relevante para o desenvolvemento humano, social e económico das persoas, individual e colectivamente consideradas. Aquí, caras e caros mozos deportistas, valorizamos a gloria de quen vence e é recoñecido polo seu esforzo e, non raras veces mesmo, polo seu sacrificio. Mais tamén valorizamos a honra de quen, con igual esforzo e sacrificio, non consegue alcanzar os seus obxectivos, mais mesmo así, nunca desiste nin se dá por derrotado", engadiu Silva Tiago.