Skip to main content

Inaugurada en V.N de Famalicão a edición coa maior participación histórica dos Xogos do Eixo Atlántico

Inaugurada en V.N de Famalicão a edición coa maior participación histórica dos Xogos do Eixo Atlántico

Os/as 2.400 inscritos competirán en Braga e Famalicão ata o 5 de xuño

 O secretario de Estado de Deportes de Portugal, Pedro Dias, o presidente do Eixo Atlántico, Luis Nobre, o vicepresidente do Eixo Atlántico, Alfredo García, o alcalde de V.N. de Famalicão, Mario Passos, e o alcalde de Braga, Ricardo Rio, xunto con representantes de todas as cidades participantes, ademais do presidente do Grupo Temático de Deporte, José Guilherme Aguiar, e o secretario xeral do Eixo Atlántico, Xoán Vázquez Mao, recibiron os 2.400 participantes nos xardíns de Paços do Concelho de Vila Nova de Famalicão . 

Esta tarde inaugurouse a XV edición dos Xogos do Eixo Atlántico que se realizarán durante esta semana até o 5 de xullo. Durante o acto desfilaron as 27 delegacións que participan este ano e que reunirán 2.400 participantes, o número máis alto en toda a historia dos Xogos. Percorreron as rúas de Famalicão desde o Centro Civico, próximo aos Paços do Concelho, até à Praç a D. Maria II. 

As modalidades deportivas nas que se competirán son balonmán feminino e masculino, voleibol feminino, baloncesto masculino e feminino, natación e natación adaptada, atletismo e atletismo adaptado. Como novidade desta edición, ao Fútbol 7 masculino súmase Fútbol 7 feminino. 

Consulte aqui os calendarios das competicións.

santiago peso da regua feira povoa e valongo

Deporte adaptado 

Como vén sendo habitual nos Xogos do Eixo Atlántico, esta edición tamén integra modalidades de deporte adaptado, coa participación de case 150 persoas, en liña coa filosofía do Eixo Atlántico de eliminar barreiras e fomentar a participación deportiva de toda a cidadanía. afs 4344

Homenaxes 

Nesta XV edición, o deportista homenaxeado é Luís Silva, medalla de ouro no Campionato de Europa de Boccia en 2013. O atleta paralímpico é o primeiro famalicense en conquistar unha medalla olímpica xa que conseguiu a prata na modalidade Pares BC3 nos Xogos Paralímpicos de Londres, en 2012.

Tamén se homenaxeou a Quino Quintas, unha persoa moi implicada na organización de todas as edicións dos Xogos do Eixo Atlántico e que deixou a súa marca nos mesmos.  

Inauguración Rúa Eixo Atlántico 

Durante esta xornada, previamente ao desfile dos Xogos, inaugurouse a Rúa Eixo Atlántico en V.N. de Famalicão, na zona da Ribeira.  

Este novo espazo público ,séptimo  co nome do Eixo Atlántico, súmase ó de Bragança, Matosinhos, Braga, Vila Nova de Gaia e Viana do Castelo para alén da praza que se inaugurou o 20 de xuño en Lugo e que é a primeira en Galicia.

 Esta actividad se realizó en el  ámbito del Projecto Fénix  cofinanciado por el programa Interreg España-Portugal (POCTEP) 2021-2027.

inauguracion plaza