O Eixo Atlántico, xunto coa Prefeitura de Santana do Livramento e a Intendencia de Rivera, impulsan este ambicioso proxecto
Hoxe inaugúrase o primeiro Gabinete de Cooperación do MercoSur coa intención de impulsar a primeira Axenda Urbana Binacional no contexto de promover un desenvolvemento urbano entre ambas cidades fronteirizas e as súas urbes cobertura.
Cofinanciado pola Unión Europea, Eixo Atlántico e as cidades de Santana do Livramento, de Brasil, e de Rivera, Uruguay, impulsan o proxecto Fronteira da Paz Sustentável que, ao longo de tres anos, desenvolverá unha experiencia inovadora de cooperación nos ámbitos de Sostenibilidade, Política Social e Planificación Urbana.