Skip to main content

Inaugurada a exposición sobre o Proxecto Fronteira da Paz Sustentável na Praza Internacional, entre as cidades de Rivera (Uruguai) e Santana do Livramento (Brasil)

Trátase dun evento que conclúe o traballo que vén desenvolvendo co proxecto Fronteira da Paz desde maio de 2020

O proxecto Fronteira da Paz, financiado pola Dirección Xeral de Asociacións Internacionais (DG INTPA), creou o primeiro gabinete transfronteirizo do Mercosur, elaborou a primeira Axenda Urbana Binacional e o seu correspondente plan de acción transfronteirizo tamén de Mercosur, así como a elaboración dun avanzado plan de xestión de residuos e o equipamento dunha nave para mellorar as condicións de traballo dos catadores - persoas que viven da recollida do cartón, tradicionalmente de forma desestructurada; a quen se formou para axudarlles a constituír unha cooperativa que facilite a súa integración social. fotos seleccionadas sg 5

Á inauguración da exposición sobre o proxecto asistiu o secretario xeral do Eixo Atlántico, Xoán Vázquez Mao, a prefeita municipal de Santana do Livramento, Ana Luíza Tarouco, o intendente departamental de Rivera (Uruguai), Sr. Richard Sander, e a representante da AUCI- Axencia Uruguaia de Cooperación Internacional e responsable da Cooperacióin Descentralizada, Analaura Soto Romeu. Tamén estiveron presentes o director xeral da Dirección de Desenvolvemento e Medio Ambiente da intendencia de Rivera, Alejandro Bertón, o director adxunto de asuntos internacionais do Núcleo de Fronteiras do Estado do Rio Grande do Sul, Sebastián Ruonoba, e o secretario estadual da Secretaria de Desenvolvimento Social, Beto Fantinel.

O proxecto Fronteira dá Paz ten como obxectivo promover o desenvolvemento urbano integrado, mellorar a calidade de vida da poboación e do continuo urbano formado polas cidades de Santana do Livramento e Rivera, promovendo prácticas de economía circular na xestión de residuos sólidos urbanos cun enfoque innovador. Así mesmo, impulsou iniciativas sustentables para realizar unha xestión máis eficiente dos servizos públicos locais e fomentar unha estratexia de integración entre as cidades de Santana do Livramento e Rivera.

O proxecto Fronteira da Paz conta co apoio financeiro da Unión Europea para accións exteriores e promove o desenvolvemento urbano integrado a través de asociacións, entidades locais, Estados membros da Unión Europea e países integrantes do acordo da Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sustentable, beneficiándose da experiencia do Eixo Atlántico na preparación, implementación e acompañamento da Primeira Axenda Urbana Transfronteiriza de Mercosur.

Máis información: https://www.fronteiradapazsustentavel.com.br/es/

fotos seleccionadas sg 4