A exposición de arte poderá visitarse do 7 de febreiro ao 31 de marzo de 2026 no Auditorio Municipal de Gondomar (Portugal). Consulte aquí o catálogo
Gondomar é a segunda parada da exposición itinerante da XV Bienal de Pintura do Eixo Atlántico. Durante case dous meses, os visitantes poderán gozar de 28 obras de artistas de Galicia e do Norte de Portugal.
Obras premiadas da XV Bienal de Pintura do Eixo Atlántico
🥇 Primeiro Premio
Obra: A liberdade de Ser
Técnica: Acrílico e spray de alta temperatura sobre paneis de luz LED, MDF
Autor: Acácio Viegas (Viana do Castelo, 1976)
🥈 Segundo Premio
Obra: Rompiendo límites
Técnica: Pintura acrílica sobre táboa (obra bidimensional)
Autor: Javier Pena (Sarria, 1947)
🏅 Premio Novos Talentos Luso-Galaicos
Obra: O que vin
Técnica: Óleo sobre lenzo
Autor: Afonso António (Lousada, 2004)
Un xurado presidido por Gosia Trebacz
A artista multidisciplinar Gosia Trebacz (Cracovia, 1971), con máis de trinta anos de traxectoria en Galicia e unha sólida presenza internacional, presidiu o xurado desta XV edición. Completaron o panel avaliador Sara Pérez Bello (Xunta de Galicia), Patricia Oliveira (IPDJ), João Ribeiro da Silva e Tito Senna, gañador da edición anterior.
Trebacz destacou que a Bienal é “un trampolín para que artistas emerxentes e consolidados amosen as súas obras na nosa fermosa esquina atlántica, fomentando o intercambio e o diálogo entre Galicia e o Norte de Portugal”.
Creada en 1997, a Bienal de Pintura do Eixo Atlántico consolidouse como un referente cultural transfronteirizo, impulsando a creación artística e a cooperación entre Galicia e o Norte de Portugal. A XV edición conta coa colaboración da Xunta de Galicia, da Comissão de Coordenação e Desenvolvimento Regional do Norte, I.P., e do Instituto Português do Desporto e Juventude, I.P.
Tras a súa estadía en Gondomar, a exposición percorrerá durante 2026 os seguintes municipios do Eixo Atlántico:
- Abril – Peso da Régua
- Maio – Ribeira
- Xuño – Vilalba
- Xullo – Vila Real
- Agosto – Bragança
- Setembro – Monforte de Lemos
- Outubro – Barcelos
- Novembro – Felgueiras
- Decembro – Carballo
https://www.eixoatlantico.com/gl/noticias/eixo-atlantico/gondomar-portugal-acolle-a-xv-edicion-da-bienal-de-pintura-do-eixo-atlantico#sigProId8a37d87440