Skip to main content

Ferrol e o Eixo Atlántico organizan a actuación de Katia Guerreiro e Ugía Pedreira no homenaxe a Ricardo Carvalho Calero

Ferrol e o Eixo Atlántico organizan a actuación de Katia Guerreiro e Ugía Pedreira no homenaxe a Ricardo Carvalho Calero

O ‘Concerto das Letras Galego-Portuguesas’ terá lugar o 28 de maio no Auditorio Municipal e estará acompañado dunha montaxe visual, todo arredor do escritor ferrolán

Este venres día 28 de maio, ás 20 horas no Auditorio Municipal de Ferrol terá lugar o  “Concerto das Letras Galaico-Portuguesas”, que ofrecerán Katia Guerreiro e Ugía Pedreira.

Trátase dunha iniciativa que buscar homenaxear ás letras galaico-portuguesas tendo en conta o interese de Carvalho Calero polo lusismo á vez que dar continuidade ao recoñecemento da cidade ao autor, posto que o ano pasado a pandemia impediu celebrar o seu Día das Letras como merecía. Ambas artistas levan xa semanas preparando un repertorio especial que estará acompañado dunha montaxe visual, todo ao redor da figura do escritor ferrolán.

Desta maneira o Eixo Atlántico mostra o seu respaldo á iniciativa cultural do Concello de Ferrol, que se une ao xa mostrado á cidade nos pasados meses no ámbito das infraestruturas e do desenvolvemento económico. Forma parte da estratexia de situar á cidade dentro da Eurorrexión ademais de apoiar ao sector da cultura, que xera emprego, satisfacción e actividade económica á hostalaría e ao comercio.

 

cartazimpresionVer e descargar o cartaz