Skip to main content

Feiras, emerxencias, centros de estudo ou mobilidade, nova sección da web do Eixo Atlántico

Feiras, emerxencias, centros de estudo ou mobilidade, nova sección da web do Eixo Atlántico

Trátase de Servizo Público unha área sinxela e intuitiva con información de interese para os cidadáns de Galicia e do Norte de Portugal

A páxina web do Eixo Atlántico actualízase con novos contidos de interese para o cidadán. Trátase da área de Servizo Público deseñada para ofrecer ás cidadáns informacións de interese sobre cuestións como emerxencias, mobilidade, sistema de pago dos arcos de peaxe en Portugal, centros de ensinos superiores ou feiras e mercadillos da eurorrexión Galicia - Norte de Portugal.

sp es

Cun deseño simple e intuitivo, pódese acceder e obter información de utilidade como o número de emerxencias 112, habilitado en toda a Unión Europea, ademais de en varios países máis. A este número pódese chamar aos servizos de emerxencias sen coñecer o pin do móbil e mesmo se este atópase bloqueado.

No apartado de Mobilidade atópase información sobre avións e trens e as escaptura 2 estacións de autobús da eurorrexión. Non se inclúen aquelas paradas prefixadas polas diferentes liñas que operan no territorio nas distintas cidades, só

aquelas que contan con estacións destinadas a todos os traxectos ofrecidos.

Tamén conta con información sinxela de como utilizar as autoestradas con arcos de Portugal e onde se sitúan as cabinas para adquirir algún e os sistemas de pago nos dous puntos de acceso en Galicia que se poden utilizar para iso, Viana do Castelo, pola costa e Chaves, polo interior.

A sección conta con información dos centros de ensino superiores, públicos e privados, tanto de Galicia, como de Portugal.

Por ultimo, Servizo Público ofrece unha lista de feiras e de mercádellos da eurorrexión, ordenados por días da semana e segregados por aqueles de carácter xeneralista e aqueles especializados.