O exalcalde de Ponteareas faleceu nas últimas horas, semanas despois de abandonar o cargo que ostentaba desde 2015 por motivos de saúde
O Eixo Atlántico anunciou o falecemento sinalando que “con profundo pesar lamentamos o falecemento de Xosé Represas, Alcalde de Ponteareas e compañeiro no Eixo Atlántico, baixo cuxo mandato Ponteareas entrou na nosa organización. Descanse en Paz.”
Represas renunciou ao bastón de mando a finais do mes de abril por motivos de saúde tras permenecer de baixa por enfermidade desde o pasado mes de deciembre.
Rexedor de Ponteareas desde o ano 2015, lideraba un goberno de coalición co grupo socialista. Desde a súa saída do concello, a Alcaldía de Ponteareas ocúpaa a tamén nacionalista Cristina Fernández Davila, tenente de alcalde con Represas e a súa substituta, primeiro en funcións e, desde finais de abril, para todos os efectos tras a renuncia do exalcalde.