Nesta VII edición tamén se organizará a Feira de Produtos Tradicionais do Eixo Atlántico
O Grupo Temático de Turismo do Eixo Atlántico reuniuse para avanzar nos detalles da celebración da VII edición de Expocidades, que terá lugar no Parque Urbano de Ermesinde, no municipio de Valongo, do 6 ao 10 de setembro. Durante os 5 días, os visitantes poderán probar os produtos gastronómicos e coñecer as tradicións das cidades e entidades do Eixo Atlántico.
Expocidades realízase en paralelo con Expoval, evento do municipio de Valongo que reúne gran número visitantes en todas as súas edicións. Este ano, como novidade, a feira de turismo tamén se celebra paralelamente coa Feira de Produtos Tradicionais do Eixo Atlántico, un evento que vén organizando desde hai unha década en diferentes cidades e que conta coa participación de produtores tradicionais e de excelencia de Galicia e Norte de Portugal.
A feira de turismo das Cidades e Entidades do Eixo Atlántico é un evento que, desde 2013, promove o turismo de proximidade dos territorios do Eixo Atlántico, aproximando Galicia e Norte de Portugal.