Skip to main content

Expertos de sete países europeos visitan en Navia de Suarna o proxecto de repoboación rural impulsado por Óliver Laxe

Expertos de sete países europeos visitan en Navia de Suarna o proxecto de repoboación rural impulsado por Óliver Laxe

Expertos de sete países europeos visitan en Navia de Suarna o proxecto de repoboación rural impulsado por Óliver Laxe

Un grupo de expertos de sete países europeos visitou en Navia de Suarna o proxecto liderado polo cineasta Óliver Laxe, unha iniciativa pioneira para incentivar a vida no medio rural que se desenvolve entre os municipios de Navia de Suarna, Os Nogais e Becerreá. whatsapp image 2025 09 30 at 19.23.35

A visita enmárcase no proxecto EDIN, coordinado polo Eixo Atlántico e financiado pola Comisión Europea, cuxo obxectivo é elaborar un conxunto de propostas para as políticas comunitarias en materia de reto demográfico, así como recopilar un catálogo analítico de boas prácticas que se aplican en toda Europa.

O proxecto de Laxe materialízase na rehabilitación de Casa Quindós, a antiga vivenda familiar dos seus avós na aldea de Vilela (Navia de Suarna). Esta casa converteuse nunha residencia temporal para familias que deciden asentarse no rural, axudándoas a atopar vivendas deshabitadas na zona e proporcionando a logística necesaria para a súa instalación. Así mesmo, é un centro sociocultural e punto de encontro comunitario, con cineclub, espazos de debate e actividades de convivencia.

Na actualidade participan catro familias con nenos nesta iniciativa, o que tamén favorece o mantemento da escola local. Os menores teñen que desprazarse diariamente ata 18 km por estradas de montaña. Ademais da actividade residencial e comunitaria, o proxecto impulsa a recuperación dun castro de alta montaña próximo, un enclave que chegou a albergar ata mil persoas dedicadas á extracción de ouro durante a época romana.

Modelo europeo con pouco apoio institucional

whatsapp image 2025 09 30 at 19.23.35 1O Eixo Atlántico vai incluír este proxecto no catálogo de boas prácticas a nivel europeo, ao consideralo un modelo replicable de política de repoboación rural. Non obstante, segundo palabras do secretario xeral do Eixo Atlántico, Xoán Mao, o apoio público foi moi escaso: “É lamentable a falta de apoio público. Só a Deputación de Lugo e a Consellería de Cultura aportan unha axuda anual de 5.000 euros. Mentres tanto, destínanse fondos públicos a actuacións sen relación co futuro de Galicia ou, peor aínda, a proxectos industriais que degradan o patrimonio natural e as nosas rías”.