A Feira de Produtos Tradicionais do Eixo Atlántico celebrouse no Barco de Valdeorras con cerca de 20 casetas nas que se expuxeron e se venderon os seus produtos procedentes das Terras de Tras-os-montes, Viana do Castelo e Vilaflor, en Portugal, e de Valdeorras, A Coruña, Lugo e a comarca de Trives, en Galicia
A Feira de Produtos Tradicionais do Eixo Atlántico, un evento que se vén organizando desde hai unha década en diferentes cidades e que conta coa participación de produtores tradicionais e de excelencia de Galicia e Norte de Portugal. Este programa, liderado polo Barco de Valdeorras, forma parte das actuacións do Eixo Atlántico para impulsar o desenvolvemento económico e fixar poboación nos territorios de menor densidade demográfica. En caso, promociónanse espazos de comercio para os pequenos produtores e artesáns tradicionais.

Nesta edición, os pructores ofreceron queixo, mel, aceite, licores e embutidos de Galicia, de alta calidade e elaborados de forma tradicional en municipios do noroeste peninsular ubicados principalmente no rural. Entre os produtos dispoñibles na Feira tamén se ofreceron postres portugueses como os bolos, a torta de Viana ou os pasteis de nata. Na zona de degustación, os visitantes tiveron a oportunidade de probar o caldo verde, o sandes de polo e porco e as moelas, pratos típicos portugueses.
Durante os días de celebración da Feira tamén se celebraron diferentes actividades musicais e lúdicas. Tanto o sábado como o domingo horganizáronse obradoiros, un de ensamblaxe de mini carros de madeira coa empresa “Artesanía Enxebre”, e outro de torno de barro cos artesáns de “Ceniza de Papel”, ambas amparadas en Artesanía de Galicia.
O evento pechou coa enóloga Cecilia Fernández, quen dirixiu unha cata maridada con degustación de produtos do Eixo Atlántico, e cunha do grupo "Iker Piris & His Dual Electras".
Escoite a itervención do alcalde de O Concello de O Barco de Valdeorras, Alfredo García
( Fonte:Valdeorrasdecerca):