Con dez mil visitantes supera á cifra que constituían a marca de Expocidades, logrado en Pontevedra, hai catro anos
Expocidades, que levou a Braga a varias cidades do Norte de Portugal e de Galicia, foi a mellor edición en termos de visitantes, superando a marca que fora establecido en Pontevedra, con dez mil visitantes.
Con acceso libre, pola carpa, instalada na praza da República, pasarían máis de dez mil persoas, estima a organización tendo en conta o material promocional distribuído polas entidades presentes no certame. Varios dos municipios representados na Expocidades tiveron que reforzar o material para distribuír aos visitantes.
Para a organización, o balance é positivo tanto pola valoración do espazo expositivo, como o destinado á animación. Neste contexto, o secretario xeral do Eixo Atlántico destaca o apoio do municipio de Braga na organización da quinta edición deExpocidades, que demostra que “con Braga sempre se pode contar”.
“A nós gústanos formar parte do Eixo, gústanos contribuír nos proxectos do Eixo e felizmente neste período estamos a acoller varías iniciativas relacionadas co Eixo Atlántico” afirmou o alcalde de Braga, Ricardo Río, tanto por la feira Expocidades como polo Foro de Turismo de Fronteira Europeo, que tamén se celebrou na cidade.
Para o secretario xeral da entidade, Xoán Vazquez Mao o evento ten sentido como unha iniciativa destinada a difundir a oferta das cidades que integran a eurorrexión Galicia, Norte de Portugal.
“Existe aínda un descoñecemento entre as cidades veciñas que accións como esta feira convidan a superar” lembrou o presidente do Eixo Atlántico, Alfredo García, na visita inaugural ao certame.
Expocidades cumpriu en Braga a súa quinta edición.