O alcalde de Ribeira recibiu no salón de plenos a unha trintena de estudantes de 6º de primaria do “Agrupamento de escolas André Soares” de Braga que, co seu profesorado, recalou hoxe no noso municipio con motivo dun intercambio escolar co CEIP de Frións promovido polo Eixo Atlántico do Noroeste Municipal
Antes da recepción oficial tiveron oportunidade de desfrutar dunha pequena merenda servida polo obradoiro de cociña Tahume VI no mercado municipal. 
Xa no consistorio, o alcalde desexoulles aos visitantes lusos unha agradable estancia no concello ribeirense, no que terán a oportunidade de facer boa amizade con alumnado do centro educativo de Frións, tamén presente no acto. Todos eles recibiron uns pequenos agasallos en agradecemento á súa visita, ao igual que o profesorado acompañante.
Pola tarde, os rapaces terán ocasión de coñecer distintos recunchos como a senda litoral de Area Secada á Ameixida, a lonxa ou o conservatorio Enrique Paisal, en tanto que mañá coñecerán a Pedra da Ra, o Castro da Cidá, o dolmen de Axeitos, o faro de Corrubedo ou a Sala Museo Municipal.
Hai que lembrar que fai unha semana, alumnos do CEP de Carreira e CEIP de Artes desprazáronse a Vila Real no marco dun segundo intercambio promovido polo Eixo Atlántico.