O profesor portugués e un dos autores do informe, Adriano Fidalgo de Sousa, e o Presidente da Comisión Política de Economía do Eixo Atlántico, Emídio Sousa, foron entrevistados en Porto Canal
Durante o programa, dirixido polo xornalista João Pereira, o autor do informe Socioeconómico, Adriano Fidalgo, asegurou que: "Este tipo de información, social e económica, sobre a rexión norte de Portugal non estaba atualizada nin era fácil acceder a ela. Con isto, pretendíase plasmar un conxunto de indicadores macro e microeconómicos, cousa que Galicia xa tiña, para tomar decisións sobre o tecido empresarial. O obxectivo era facer unha comparación".
"Realizar este informe foi un desafío para Portugal", engadiu o profesor.
Emídio Sousa, Presidente da Comisión Política de Economía do Eixo Atlántico, explicou que: "Faltábanos este retrato da nosa rexión. Este estudo fai unha análise, un retrato da nosa rexión e así vemos en que áreas podemos investir. A información que aparece no informe pode influenciar moito as políticas públicas e as accións de investimento, tornándonos máis competitivos".
O primeiro Informe Socioeconómico do Eixo Atlántico, escrito polo catedrático galego Fernando González Laxe e o profesor portugués Adriano Fidalgo de Sousa, foi presentando o pasado día 25 de abril en Santiago de Compostela e o día 2 de maio na Asociación Empresarial de Portugal. Pode aceder ao estudo neste link.
Pode ver o programa completo do Porto Canal entrando neste link.