Skip to main content

O secretario xeral do Eixo reúnese co líder da oposición no Parlamento galego

O secretario xeral do Eixo reúnese co líder da oposición no Parlamento galego

Alerta da falta dunha estratexia industrial a nivel galego e eurorrexional

O secretario xeral do Eixo Atlántico, Xoán Vázquez Mao, mantivo unha reunión co portavoz de En Marea e líder da oposición no Parlamento Galego , Luis Villares, a petición de este, para abordar o problema da suposta deslocalización de empresas desde Galicia ao Norte de Portugal.

O secretario xeral do Eixo explicou que non se pode falar dunha deslocalización realmente, senón que o problema que existe en Galicia é a falta de atractivo para investir en Galicia debido á inexistencia dunha estratexia industrial tanto a nivel galego como a nivel eurorrexional, ao non concertarse estas políticas co Norte de Portugal.

Vázquez Mao sinalou que o Eixo Atlántico leva tempo alertando sobre os problemas que inciden na competitividade como é a falta de coordinación aeroportuaria así como portuaria, ausencia de infraestruturas craves como a conexión Lugo-Ourense e Monforte-Palencia de Ferrocarril ou o saída sur de Vigo; a A-76 entre Ponferrada, Monforte e Ourense a través do Barco de Valdeorras. Mao tamén se referiu a ausencia dun porto seco como o de Monforte, obra clave para a competitividade dos portos, pero que carece de compromiso político real para a súa posta en marcha efectiva. Neste sentido, alertou tamén de que se non se pon solución o ano que vén xa non falaremos de falta de investimento senón da caída de competividad dos portos e coincidiu con Villares na proposta de impulsar un pacto por unha estratexia industrial para Galicia, que tería que levar a cabo a nivel eurorrexional, en coordinación co Norte de Portugal.