O Secretariado Executivo de Expocidades reuniuse o pasado 19 de maio en Bragança para analizar as candidaturas recibidas para acoller a próxima edición de Expocidades que se celebrará en 2017
Os membros do Secretariado estudaron a candidatura presentada por Vila Real e confirmaron que esta cumpría todos os requisitos esixidos polo Eixo Atlántico para acoller o citado evento. Unha vez verificado o cumprimento dos requisitos, esta candidatura foi proposta para a súa aprobación nunha próxima Comisión Executiva do Eixo Atlántico.
Ademais, na reunión foron aprobadas outras cuestións relativas á promoción deste evento en diversos soportes, con especial incidencia na difusión a través das Redes Sociais, explicitamente na dinamización do Facebook de Expocidades.
Tras a reunión, visitaron as instalacións do concello de Bragança, un referente en Portugal de edificación sustentable. Trátase dunha reconversión urbanística modelo, sustentable e ecolóxica, privilexiando a aplicación de sistemas construtivos que preservan os recursos naturais, recorrendo a fontes de enerxía renovables.
O edificio é o desenvolvemento dun concepto colectivo de crecementos sostido, reivindicando unha imaxe innovadora e exemplar, singular a creativa, constituíndo unha referencia e unha aposta nunha forma máis consciente e humana.
Supón a implementación de solucións construtivas de sustentabilidade e eficiencia enerxética (aforros superiores a 60% sobre a construción tradicional), propondo novos hábitos de vida máis relacionados co clima e o medioambente a ser exemplo para o exterior.
Algunhas características:
-Cobertura verde
- Aproveitamento de auga da choiva
- Aproveitamento da exposición e sombreado solar
- Parque fotovoltaico de 250 Kva
- Xestión técnica centralizada con divulgación en liña ao cidadán dos consumos e eficiencia dos edificios.
Premio de excelencia na categoría de innovación atribuído pola Periódico Planificación e Cidades.