O Secretariado Executivo de Educación reuniuse o pasado día 20 de maio no Europarque de Santa Maria da Feira onde se analizaron os resultados da V edición da Mostra Musical do Eixo Atlántico, celebrada en Vilagarcía de Arousa, o pasado mes de abril. Os membros do secretariado destacaron a calidade dos participantes nesta quinta edición, con especial mención ás categorías de solistas A e B, correspondentes aos intérpretes máis novos do certame.
Ademais, foi revisado o regulamento para a súa posterior aprobación polo Grupo Temático de Educación e Cultura do Eixo Atlántico, para o seu debate e aprobación. Por último, foron acordados os termos das condicións que permitirán ás cidades candidatarse para acoller tanto o II Seminario de Intercambio de Experiencias no Ámbito da Educación, como a VIN edición da Mostra Musical que por primeira vez cambiará de sede.
Por último, por invitación do concello de Santa Maria da Feira, os membros do Secretariado, puideron asistir a algunhas das representacións do Imaginarius, unha dos mellores escaparates da arte rueiro de Europa e que celebrou a súa 16ª edición cun percorrido consolidado na promoción das Artes rueiras en Portugal, reforzando a súa dimensión e posicionamento a escala europea.