O programa de cooperación trasfronterizo hispano-luso disporá de 289 millóns de euros para o próximo lustro

En total son 1.700 millóns de euros os investidos pola Comisión Europea na fronteira de ambos os países, desde 1994
Estas cifran foron postas sobre a mesa nunha reunión que Verónica Gaffey, Directora de Orzamentos e Asuntos Xerais da DG Rexio, da Comisión Europea, realizou á eurorrexión Galicia-Norte de Portugal para avaliar a aplicación das políticas de cooperación financiadas pola Comisión Europea.
Gaffey, que realizou a visita á eurorrexión Galicia Norte de Portugal organziada polo Eixo Atlántico e a RIET, estaba acompañada de Manuela Passos, responsable da xestión dos programas de cooperación transfronteiriza, estaba comisionada pola Comisaria de Política Rexional, Corina Cretu, no contexto dunha serie de visitas que se están que se está realizando en 10 fronteiras interiores da Unión Europea para avaliar o impacto das políticas de cooperación financiadas desde a Comisión Europea, análise que será determinante para a asignación de fondos europeos á cooperación no orzamento europeo para o período 2021-2028.
Esta visita, organizada por petición expresa da Comisión, realizárona a unha das eurorrexións da fronteira hispano-lusa,, Galicia-Norte de Portugal, considerada a nivel europeo, como unha referencia en cooperación.
A alta representante da Comisión Europea visitou, ao longo de dous días, experiencias en cooperación como a Comisaria Conxunta con Portugal de Tui/Valença do Minho; o Centro De Coordinación Conxunta de Protección Civil para o río Miño, situada en Viana do Castelo; a eurocidade Chaves-Verín ou o Instituto Hispano Portugués de Nanotecnoloxía de Braga.
Durante a visita mantivo unha reunión de traballo con representantes dos 4 sectores que traballan, día a día, na cooperación transfronteiriza: os concellos, as universidades, as empresas e os medios de comunicación.
Nesta reunión os axentes da cooperación transmitíronlle os obstáculos que sobre o terreo, atopan no seu día a día para desenvolver actividades trasfronterizas, así como algunhas das melloras que, ao seu xuízo, a Comisión Europea debería incluír, tales como unha maior axilidade dos mecanismos de xestión ou unha maior participación e transparencia na programación nos niveis rexionais.
Esta visita, que foi cualificada de “extremadamente positiva” polos dirixentes que participaron nela, permitirá que os intereses da eurorrexión estean presentes na elaboración dos próximos regulamentos, o que repercutirá nun maior impacto social e cidadán das políticas comunitarias en materia de cooperación.