O ministro portugués de Infraestruturas presidiu a firma dos primeiros contratos de mellora da liña do Minho
O alcalde de Viana recorda a loita mantida nos derradeiros sete anos para evitar a desaparición da liña inicialmente e reivindicar as melloras precisas para un trasporte do s. XXI
Viana do Castelo, 19 de outubro de 2016.- As primeiras obras na mellora da liña do Minho, por importe de 33 millóns de euros, supoñen para o ministro de Infraestruturas portugués unha aposta polo confort para os pasaxeiros e melloras dos tempos, e unha ventaxa competitiva para a economía da eurorrexión Galicia Norte de Portugal no trasporte de mercadorías, ao permitir convois de ata 150 metros cunha redución dos costes que estimou no 30%.
O Ministro, Pedro Marques, afirmou que recibiu unha chamada do Goberno de España para reafirmarse no seu compromiso da electrificación entre Tui e Guillarei, en Galicia. O Ministro estimou posible adelantar os plazos de finalización das obras de modernización do traxecto ata Valença do Minho en seis meses sobre a programación que Infraestruturas de Portugal entregou fai unhas semanas ao Eixo Atlántico, que contemplaba a conclusión das mesmas a finais do 2019.
O alcalde de Viana do Castelo, José Maria Costa, recordou as tres reunións que convocou como presidente do Eixo Atlántico na cidade, onde reuniu a alcaldes, empresarios e a representantes institucionais de Galicia e do Norte de Portugal. Especialmente a celebrada en 2011, na que as conclusións destacaban a viabilidade económica e a demanda social da liña do Minho e seu papel como elemento de cohesión da eurorrexión. Costa afirmou sentirse moi satisfeito pola firma dos primeiros contratos que, si ben afirmou, “chegan tras sete largos anos de reivindicacións ante os distintos ministros e gobernantes de Portugal”.
Pola sua parte, o secretario xeral do Eixo Atlántico, Xoan Vázquez Mao afirmou que hoxe “a liña do Minho entra no s. XXI, mentres a liña entre Vigo e a fronteira permanece no s. XIX”.
O acto celebrado en Viana supuxo a firma de tres contratos; para a electrificación do tramo entre Nine e Viana, o sistema de señalización entre Nine e Valença do Minho e a construción da subestación eléctrica de Vila Fria.