Skip to main content

El Grupo Temático de Educación e Cultura do Eixo Atlántico aprobó o calendario das exposicions da XIII edición da Bienal de Pintura

El Grupo Temático de Educación e Cultura do Eixo Atlántico aprobó o calendario das exposicions da XIII edición da Bienal de Pintura

Os membros do GT aprobaron o calendario das exposicións da XIII edición da Bienal de Pintura, cuxo concurso se resolverá cen outubro e novembro. A inauguración terá lugar en xaneiro de 2022 en Mirandela

O Grupo Temático de Educación e Cultura reuniuse este luns, día 19 de xullo, para abordar os diversos eventos e actividades nas áreas da cultura e da educación e as súas respectivas calendarizacións, tras o adiamento dos mesmos provocados pola situación sanitaria.

Os membros do GT aprobaron o calendario das exposicións da XIII edición da Bienal de Pintura, cuxo concurso se resolverá coas reunións do xurado previstas para outubro e novembro deste ano, nas cales se darán a coñecer as obras seleccionadas para integrar o certame e as obras gañadoras dos 3 premios desta edición. A inauguración terá lugar en xaneiro de 2022 en Mirandela e despois continuará por Barcelos, Viana do Castelo, Braga, Monforte de Lemos, Maia e finalmente a Deputación de Ourense, onde a itinerancia chegará ó seu fin en agosto.

Presentouse a sala de exposicións virtual que será inaugurada formalmente coa nova edición da Bienal e que, até entón, terá expostas as obras da XII edición do certame, dando a coñecer non só a herdanza virtual do certame, senón tamén a información sobre os seus artistas. Esta exposición pódese visitar en: https://galeriavirtual.eixoatlantico.com/Museo/

Así mesmo, aprobouse o cronograma da VII Mostra Musical, cuxas inscricións abrirán a mediados de xaneiro e cuxa realización ten data reservada para a fin de semana do 7 e 8 de maio de 2022, na cidade de Ferrol. Con este cronograma os municipios poderán contactar as escolas e conservatorios de música antes do inicio do ano lectivo para que poidan axendar a súa participación con antelación.

Tamén na área da educación, abordáronse os intercambios escolares e o seminario de intercambio de experiencias desta área. Os intercambios escolares, que non se realizaron durante este ano, foron unha vez máis confirmados polos municipios para a súa continuidade no ano lectivo 2021-22, pois quen xa participou afirma que é unha experiencia moi importante para a mocidade. En outubro, despois das eleccións municipais en Portugal e o inicio do ano lectivo, os municipios deberán reconfirmar de novo o seu interese en participar para presentar definitivamente esta actividade.

Relativamente ao seminario, que está xa na súa 5ª edición, está previsto para marzo de 2022, sendo que até entón abriranse candidaturas para escoller a sede nun dos municipios do Eixo Atlántico, coa intención de que se realice presencialmente. Desta vez, apélase sobre todo ós municipios galegos para que se candidaten para a acollida do evento, que sempre tivo lugar nos municipios portugueses.

A reunión acabou coa despedida de Lídia Dias, concelleira de cultura da Câmara Municipal de Braga e Presidenta deste Grupo Temático, que cesará funcións. O Eixo felicitou e agradeceu o traballo que realizou mentres presidiu este GT e, pola súa parte, a concelleira agradeceu a oportunidade, a experiencia e o traballo de todos os membros.