Skip to main content

O Goberno de Portugal declara a cooperación transfronteiriza unha prioridade

O Goberno de Portugal declara a cooperación transfronteiriza unha prioridade

"A fachada ibérica é unha prioridade da nosa estratexia de desenvolvemento" afirmou o Ministro Adjunto ao Primeiro Ministro de Portugal, Eduardo Cabrita, na inauguración da Asemblea Xeral da RIET celebrada en Miranda do Douro

O Goberno de Portugal declarou a cooperación transfronteiriza unha prioridade das súas actuacións e pediu a Mariano Rajoy iniciar unha nova etapa de colaboración entre ambos os países que teña como protagonistas os investimentos nas comarcas fronteirizas. O goberno luso vai expor unha serie de medidas económicas para crear polos de desenvolvemento nos catros ríos que atravesan Portugal: Miño, Douro, Tajo e Guadiana.

Así o anunciou o ministro adxunto ao Primeiro Ministro de Portugal, Eduardo Cabrita, na asemblea anual da RIET, Rede Ibérica de Entidades Transfronteirizas, que agrupa a concellos, deputacións, universidades, asociacións empresariais e numerosas institucións que representan a toda a fronteira hispano-lusa celebrada o pasado día 16 de novembro na localidade portuguesas de Miranda do Douro. As súas palabras chegan tras o encontro esta semana entre o Primeiro  Ministro Antonio Costa e o presidente Mariano Rajoy. "A fachada ibérica é unha prioridade da nosa estratexia de desenvolvemento", dixo Cabrita, un anuncio que vén acompañado dun programa de actuación en todos os aspectos para converter o espazo transfronteirizo nun espazo de oportunidades.

Cabrita falou do traballo de cooperación cos municipios, comunidades e deputacións e que Portugal deu prioridade económica e política aos seus plans de mirar para o interior do país e a súa fronteira con España como espazo de oportunidades. "O noso programa de desenvolvemento interior é a nosa achega ao desenvolvemento transfronteirizo", dixo sobre os programas que xa están a desenvolver o goberno luso.

Neste sentido, definiu o catro ríos que comparten España e Portugal como espazos históricos de unión. "As contornas do Douro, o Miño, o Tallo e o Guadiana teñen que recibir proxectos de desenvolvemento", dixo Cabrita que considera que a zona fronteiriza tanto de España, como de Portugal, debe ser un espazo de oportunidades para todo o territorio fronteirizo.

 

Descargar Dossier de Prensa