Skip to main content

Eixo Atlántico e as representaciós da UE en Portugal organizaron seminario para xornalistas

Eixo Atlántico e as representaciós da UE en Portugal organizaron seminario para xornalistas

No evento, que se celebrou en Maia, abordouse a Política Rexional e Urbana, os Fondos Estruturais, o Plan de Inversións para Europa e a Comunicación Europea en Portugal

 

O Eixo Atlántico e as representacións da Comisión Europea e o Parlamento Europeo de Portugal e en colaboración co Concello de Maia, organizaron un seminario de formación dirixido aos medios de comunicación.

 

O acto contou coa presencia do alcalde de Maia, Bragança Fernandes, e a participación do Concejal de Relaciós Internacionais, Paulo Ramalho. Así mesmo, os ponentes foron Virgílio Martins, da Dirección Xeral de Política Rexional e Urbana na Unión Europea; Pedro Moia, da CCDRN; Catarina Dantas Machado, da Representación da Comisión Europea en Portugal; Rita Fortunato e Teresa Coutinho, asesoras de prensa da representación da Comisión Europea e do Parlamento Europeo en Portugal; Ana Cabo, asesora de prensa da Secretaría de Estado de asuntos Europeos do Goberno de Portugal; e Xoán Vázquez, Secretario Xeral do Eixo Atlántico. Entre os temas abordados expuxéronse cuestións como: Política Rexional e Urbana, os Fondos Estruturais, o Plan de Inversións para Europa e a Comunicación Europea en Portugal.


O Eixo Atlántico organiza estos seminarios de formación e información para periodistas cada dous anos, en colaboración coas representacións das institucións europeas tanto en Portugal como en España.