Skip to main content

Eixo Atlántico pedirá a Ana Pastor que retome o saída Sur de Vigo

Eixo Atlántico pedirá a Ana Pastor que retome o saída Sur de Vigo

A Comisión executiva do Eixo Atlántico, reunida o venres en Lalín, acordou solicitar unha reunión urxente coa ministra de Fomento, Ana Pastor, para exporlle que retome o saída sur de Vigo para garantir a conexión ferroviaria, non só entre O Porto e Vigo, son entre A Coruña e Lisboa. Na reunión analizouse os documentos solicitados ó catedrático de Ferrocarrís, Miguel Bugarín, cuxa conclusión é que dotas dun servizo similar ao de Vigo Coruña excedería os 2000 millóns de euros, sendo a conexión ferroviaira entre Porto e Vigo unha solución provisional, mentres a saída Sur custaría uns 400 millóns de euros pero garantiría a conexión entre Porto e Vigo en parámetros similares aos existentes actualemente entre Vigo e A Coruña.

 

A importancia da conexión A Coruña-Lisboa radica, non só, na estructuración do territorio ao Norte de Vigo senón que, ao achegar mais carga de usuarios garantiría a sustentabilidade da liña que contaría con máis de de 7 millóns de usuarios, fronte aos 3 actuais, que é o punto fraco do actual proxecto o que solucionaría esta conexión ao converter a AVE galego na AVE da eurorrexión xa que non está´prevista a curto prazo unha  conexión de alta velocidade Porto Madrid .

 

Esta conclusión prodúcese tras analizar a proposta realizada polo catedrático de Ferrocarrís, Miguel Bugarín, no informe solicitado polo Eixo Atlántico a patir do coñecemento da proposta realizada polo enxeñeiro Manuel de la Fuente para UXT Transportes. Aínda que dita propuesta non coincide nalgúns puntos, por exemplo a valoración económica da obra, si alertou en que a conexión Porto Vigo tiña mais problemas dos que en principio se expuxo na entrevista mantida hai dous anos coa ministra Ana Pastor.

 

Así mesmo acordouse solicitar a creación dun grupo de traballo con expertos do Eixo Atlántico e de ADIF coordinado polo Secretario Xeral de Infraestrutura Manuel Niño,  que analize as conexións ferroviarias do eixo Lugo-Sarria-Monforte de Lemos con o AVE, asi como a conexión de Monforte coa linea europea de transportes ferroviarios  de mercadorias, Aveiro-Salamanca-País Vasco, proxecto que actualmente carece de definición,  tanto na súa ligazón até Palencia, como no sistema de acceso das mercadorías desde os portos galegos.

 

Igualmente acordouse que o alcalde de Braga e Presidente do Eixo Atlantico  solicite unha entrevista co Primeiro Ministro  en canto tome posesión, para desbloquear os concursos da "linha do Minho" e  da liña de mercadorías Aveiro a Salamanca .