Skip to main content

Eixo Atlántico estrea nova web

Eixo Atlántico estrea nova web

 

Dispón de áreas de descarga de publicacións, artigos e informes dos diversos departamentos da entidade

O Eixo Atlántico estrea nova web para dotar a esta ferramenta de maior comodidade e utilidade.

 

Deseñada desde un concepto moi intuitivo, a páxina recolle a actualidade da entidade, as súas cidades e o seu territorio, así como as informacións sobre a actividade na Unión Europea, as redes de cooperación nas que participa o Eixo Atlántico e as publicacións, artigos e informes elaborados polos diversos departamentos da entidade.

 

Inclúe unha ampla información das actividades realizadas, non só na actualidade, senón tamén, ao longo da súa historia. Dispón dunha biblioteca que inclúe todo o publicado ao longo das súas máis de 20 anos de existencia, así como informacións útiles sobre o pago de peaxes en Portugal, conexións por estrada, tren e autobús na eurorrexión e información sobre as cidades que integran o Eixo Atlántico. A páxina está editada en tres idiomas, galego, portugués e castelán.