No seminario para xornalistas abordáronse diversas cuestións como a política de investimentos comunitarios, o reto do emprego, a emigración e as infraestruturas
A sede da CRTVG acolleu na súa sede en San Marcos un seminario organizado polo Eixo Atlántico e a Representación da Comisión Europea en España, destinado a profesionais de diversos medios de comunicación de Galicia interesados en informacións relativas á Eurorrexión eu á propia Unión Europea.
O evento contou coa asistencia de responsables da Comisión Europea en materia de Fondos Comunitarios, Infraestruturas e cuestións de interese como o roaming. O director de Proxección Social da CRTVG, Fernando R. Ojea, dedicou unhas palabras de benvida e deu paso á introdución a cargo do secretario xeral do Eixo Atlántico, Xoán Vázquez Mao.
Os relatorios articuláronse ao redor do título "A Unión Europea: política de cohesión e desenvolvemento rexional” e contaron coa intervención de Dimitri Barua, portavoz da Comisión Europea (CE) en España, que falou dos principais retos políticos da organización, entre eles o crecemento, o emprego ou a migración; Katerina Fortun, membro da Dirección Xeral de Política Rexional da CE, que abordou os fondos estruturais e os investimentos e Carlos de Grandis, da Dirección Xeral de Transportes do mesmo organismo, quen falou dos plans de infraestruturas e conexións da UE para Galicia.
Este é o segundo seminario sobre cuestións europeas que se fixo este ano. Hai semanas os xornalistas portugeses reuníeronse en Maia para unha xornada similar con responsables da Representación da Comisión Europea e o Parlamento Europeo en Lisboa.
O Eixo Atlántico organiza estos seminarios de formación e información para periodistas cada dous anos, en colaboración coas representacións das institucións europeas tanto en Portugal, como en España.