Carmen López, Presidente da Asociación de Novos Empresarios de Galicia e Xoan Vázquez Mao, Secretario Xeral do Eixo Atlántico abordaron algunhas das cuestións e interese para a eurorrexión como o Brexit, o emprendedurismo, o turismo e o seu efecto na Eurorrexión Galicia Norte de Portugal
O programa de radio e televisión que emite mensualmente Radio Vigo, Cadena SER e Localia TV, abordou varias de cuéstions de interese para a eurorrexión. Nesta ocasión analizáronse os posibles efectos do Brexit na economía Galega e Portuguesa e o seu posible impacto na Eurorrexión. Carmen López, Presidente da Asocación de Novos Empresarios de Galicia e Xoan Vázquez Mao, Secretario Xeral do Eixo Atlántico, expuxeron, entre outras cuestións, a situación do emprendedurismo, as infraestructuras na eurorrexión, o incremento notable do número de peregrinos no Camiño de Santiago Portugués e presentaron, ademais, da nova guía do Eixo Atlántico