Skip to main content

Desenvolvemento industrial e mobilidade na Eurorrexión, no programa mensual de Radio Vigo e Localia

Desenvolvemento industrial e mobilidade na Eurorrexión, no programa mensual de Radio Vigo e Localia

Ricardo Rio detalla as claves do despegue industrial de Braga

O innegable desenvolvemento industrial  que está  a experimentar o norte de Portugal se concreta en cidades do Eixo Atlántico como é o caso de Braga ou Viana do Castelo.

No programa mensual sobre a Eurorrexión que se emite por Radio Vigo  e Localia Vigo de xeito simultáneo e se difunde tamén a través da radio portuguesa Antena Minho, participou Ricardo Rio, alcalde Braga, quen, xunto co secretario xeral do Eixo Atlántico, detallou as accións que leva a cabo este concello para converterse nun auténtico “portento industrial” e situarse entre as principais cidades exportadoras do país.