O acceso de Bragança e do nordeste trasmontano portugués o AVE que une Galicia e Madrid achegará unha clientela potencial de 200.000 habitantes que viven na zona
Nunha reunión celebrada na Câmara Municipal de Bragança, entre o conselleiro de Fomento e Medio Ambiente da Comunidade de Castela e León, Juan Carlos Suárez-Quiñones e Fernández e o Presidente de Infraestruturas de Portugal (IP), António Laranjo, á que asistiron o alcalde de Bragança, Hernâni Dias e o secretario xeral do Eixo Atlántico Xoan V. Mao chegouse ao acordo que permite desbloquear as obras para a reforma da estrada entre Bragança e Puebla de Sanabria por Rihonor de Castela, despois de máis de 20 anos expostas o que contribúe a resolver unha das reivindicacións históricas do Eixo Atlántico.
Esta obra, sobre o trazado actual no seu maior parte, permitirá conectar a localidade portuguesa de Bragança e todo o noroeste trasmontano co AVE ao seu paso por Otero de Sanabria á que os colectivos de Puebla de Sanabria e a provincia de Zamora, así como o propio Eixo Atlántico propuxeron denominar “Sanabria – Bragança” ou “Sanabria, Porta de Trás-os Montes”. Esta conexión, estimada nuns 20 minutos, suporá un forte impacto económico tanto para a provincia de Zamora, como á rexión de Trás-os Montes (Portugal), tanto no ámbito industrial, como para o turístico, impacto que tamén se estima, estenderase á provincia de León.
Neste sentido, hai que lembrar que O Barco de Valdeorras, localidade galega que dista apenas a 45 km. de Ponferrada e cuxo alcalde é o actual presidente do Eixo Atlántico, Alfredo García, está a deseñar con Bragança e a Comunidade Intermunicipal trasmontana, unha estratexia que permita pór en valor o Eixo Interior do Eixo Atlántico, como bisagra entre León e Zamora e a costa da eurorrexión.
O acceso de Bragança e do nordeste trasmontano o AVE que une Galicia e Madrid achegará unha clientela potencial de 200.000 habitantes que viven na zona, á vez que se beneficiará da Alta velocidade e o que iso leva en termos de desenvolvemento económico, en xeral e turístico, en particular.
O secretario xeral do Eixo Atlántico, Xoan V. Mao, que tamén o é da Rede Ibérica de entidades Transfronteirizas, RIET, rede á que pertencen entidades como a Asociación Ibérica de Municipios Ribeiregos do Douro (AIMRD), con sede en Valladolid e na que está integrada Zamora, considera que estas pequenas infraestruturas poden supor “pasos de xigante” na mobilidade moderna e competitiva que non só favoreza á poboación existente, senón á captación de poboación para superar a crise demográfica da fronteira da que se sairá, afirma, “conxuntamente co lado portugués, xerando masa crítica que á súa vez produza desenvolvemento económico”.