Skip to main content

Da Gallaecia á Eurorrexión, a guía turística que percorre a historia do territorio

Da Gallaecia á Eurorrexión, a guía turística que percorre a historia do territorio

A piques de cumprir 25 anos de existencia, o Eixo Atlántico configúrase como a estrutura sobre a que se vertebra a eurorrexión Galicia Norte de Portugal, a máis antiga, e unha das máis dinámicas de Europa

7 millóns de habitantes compartimos diariamente este espazo económico, social e cultural que configura a terceira área urbana da Península Ibérica e que se atopa entre as 10 principais da Unión Europea.
Sete millóns de cidadáns que durante 52 fins de semana ao ano buscamos motivos para desprazarnos dentro da nosa eurorrexión coñecendo e gozando da xenerosidade con que a Natureza e a Historia legáronnos o seu patrimonio.
Seis cidades Patrimonio da Humanidade, 4 máis en proceso de candidatarse, sen contar co Camiño de Santiago que, ademais da súa clasificación como Patrimonio da Humanidade no seu Camiño Francés, e en proceso que impulsamos desde o Eixo Atlántico para obter a declaración do Camiño Portugués, configura o itinerario cultural e relixioso máis importante do mundo.
Na última década, promovemos o desenvolvemento turístico da eurorrexión vinculado ao Camiño de Santiago, a etnografía, a gastronomía, e as cidades Este ano pomos en valor nosa riquísima historia como un elemento que, sen dúbida, cativará aos lectores e motivará boa parte dos fins de semana e festivos para visitar e gozar dunha historia común desde a prehistoria, até as guerras Napoleónicas ou a revolución industrial, nos albores do s. XX, nunha promoción do Eixo Atlántico, porque a aventura da Historia debe ser impulsada desde organizacións líderes que apostan polo territorio.
Nesta ocasión “Da Gallaecia á Eurorrexión, rutas turísticas da nosa historia” percorre desde os antigos asentamentos prehistóricos, a Idade Media, a invasión Napoleónica ou a era moderna e industrial do s. XX. Agrupadas en seis capítulos: Arte en pedra. A nosa prehistoria; De castrexos e romanos; Xermanos, Árabes e Viquingos; De reis, bispos e monxes; O tempo dos modernos; Da Revolución aos nosos días, a guía pon en valor a riqueza etnográfica da eurorrexión ao longo da Historia, cos fitos singulares que poden ser visitados e recoñecidos. A guía une de forma virtual un percorrido, a modo de ruta, para aqueles viaxeiros que desexen coñecer as singularidades do territorio.
“Da Gallaecia á Eurorrexión, rutas turísticas da nosa historia”, conta con 218 páxinas das que se editan 60.000 guías en catro idiomas: castelán, portugués, galego e inglés.

 

 

Descargar a guía:

VERSIÓN GALEGO

 

VERSIÓN PORTUGUÉS

 

VERSIÓN ESPAÑOL

 

VERSIÓN INGLÉS