Skip to main content

Créase a primeira oficina de cooperación transfronteiriza en Santana do Livramento, Brasil, co apoio do Eixo Atlántico e a Unión Europea

Créase a primeira oficina de cooperación transfronteiriza en Santana do Livramento, Brasil, co apoio do Eixo Atlántico e a Unión Europea

O Secretario Xeral do Eixo Atlántico, Xoan Vázquez Mao, xunto coa Prefeita de Santana do Livramento, Brasil, e o Intendente de Rivera, Uruguay, inauguraron o primeiro Gabinete Transfronteirizo do Mercosur. No acto tamén participaron numerosas autoridades e dirixentes de organizacións sociais e económicas de ambas cidades

Santana do Livramento, no estado Río Grande do Sur, en Brasil, e Rivera, no departamento de Rivera de Uruguay, configuran unha cidade única (o que en Europa coñécese como eurocidade) de máis de 191 mil habitantes. Estos municipios, a pesar de facer vida en común, non poden compartir servizos ou inversións debido á ausencia de un marco xurídico como os existentes na Unión Europea.

En 2020 a Unión Europea aprobou un proxecto proposto polo Eixo Atlántico, no que participa a Prefeitura de Santana do Livramento, para desenvolver accións piloto no ámbito da cooperación transfronteiriza, o que en Mercosur denominan cooperación binacional, baixo a denominación “Fronteira da Paz Sustentável”. Trátase dunha acción que contempla a creación do primeiro Gabinete de Cooperación Transfronteiriza de Mercosur, así como a elaboración da primeira Axenda Urbana binacional e a creación dun plan de modernización da recollida de residuos, complementado con accións de carácter social para a profesionalización da citada recollida de residuos sólidos, tarea xeralmente exercida polas poblacións en situación de vulnerabilidade social.

A acción desenvólvea a Axencia de Ecoloxía Urbana do Eixo Atlántico cuxos expertos asesoran ás autoridades locais na modernización da xestión de residuos sólidos. Estas accións insértanse no contexto das estratexias de internacionalización que o Eixo Atlántico está desenvolvendo para posicionarse, tanto en América Latina como en Asia, e para impulsar a trasferencia de coñecemento e de boa práctica de cidades europeas e dos expertos galegos e portugueses que participan no proxecto.

Asimesmo, durante esta semana o Eixo Atlántico mantendrá reunións con Mercocidades e con 2 ministros do goberno de Uruguay dado o interés que este proxecto despertou no ámbito de Mercosur. Na axenda inclúese unha reunión coa Axencia de Cooperación Exterior de Brasil.

Entre os temas que se trataron nas reunións mantenidas no día de onte en Brasil, está a celebración do ano próximo do Primeiro Congreso de Fronteiras de Mercosur, evento no que se espera contar coa participación dos presidentes de Brasil e de Uruguay, a presidenta e a vicepresidenta do Eixo Atlántico e de altos dirixentes da Comisión Europea. Asimesmo, o Eixo Atlántico mantivo reunións con Mercocidades (rede de Cidades de Mercosur) e con concellos brasileiros e uruguaios, que plantexaron a posibilidade de presentar novas iniciativas similares no ámbito das convocatorias da Unión Europea o co Banco Iberoamericano de Desenvolvemento.

Pola súa parte, a Axencia de Cooperación Exterior de Brasil plantexou a posibilidade de replicar este proxecto en outras fronteiras de Brasil. Fronteira da Paz está cofinanciado nol marco das “accións exteriores da Unión Europea” a través dunha convocatoria lanzada pola DG INTPA (Dirección General de la Comisión Europea encargada das Parcerias Internacionais).

A presenza do Eixo Atlántico e a súa aportación de coñecemento, veñen producíndose dende fai 6 anos a petición dos municipios de Brasil, Uruguai e Arxentina, onde o Secretario Xeral participou estes anos en reunións con membros de goberno de Arxentina e con alcaldes de Paraguai, Uruguai e Arxentina. Obsérvase un alto recoñecemento pola iniciativas de cooperación internacional apoiadas polo Eixo Atlántico, que privilexia o intercambio de experiencias e de boas prácticas en políticas públicas en rexións fronteirizas.