O Consello Europeo quere impulsar, en 2021 e 2022, unha serie de debates sobre temas entre as institucións e a cidadanía para compartir ideas e solución para dar forma ao futuro de Europa. Nace así, a Conferencia sobre o futuro de Europa
O 10 de marzo de 2021. O Consello da Unión Europea, o Parlamento Europeo e a Comisión Europea asinaron unha declaración conxunta que deu inicio ás actividades da Conferencia, cuxo obxectivo é analizar os retos aos que se enfronta a Unión Europea e dar respostas para mitigalos.
Neste sentido, estas actividades teñen coma base a participación dos cidadáns para que a súa voz sexa escoitada nas institucións a través de eventos e debates, en formato físico ou virtual.
O Comité Executivo da Conferencia, órgano encargado da súa organización e posta en funcionamento, reuniuse o día 7 de abril coas tres institucións da UE máis o Comité das Rexións e o Comité Económico e Social Europeo como observadores. Nesta reunión aprobouse o lanzamento da Plataforma Dixital para a participación cidadá o 19 de abril, acordáronse tamén os métodos de traballo e avanzouse nos preparativos do acto formal de lanzamento da Conferencia, que se vai celebrar o 9 de maio coincidindo co Día de Europa.
Dada a presidencia rotativa do Consello da Unión Europea, que na actualidade ostenta Portugal, Ana Paula Zacarías, Secretaria de Estado para Asuntos Europeos de Portugal, vai ser unha das copresidentas da Confederación ata o mes de xullo, momento no que, xunto coa presidencia rotatoria, vai pasar a Eslovenia.
Os debates destinados a axudar a dar forma ao futuro de Europa terán lugar en formato físico, organizados en toda a Unión Europea, e en formato virtual, coa creación da Plataforma Dixital interactiva que se vai lanzar o 19 de abril, pero que aínda está nunha fase de preparación.
Agardase que nestes dous formatos os cidadáns teñan a oportunidade de expresar opinión e facer propostas que se van presentar como recomendacións nos plenos da Conferencia.
Os debates vanse centrar en temas coma o cambio climático, a saúde, o emprego, a economía da UE e a democracia, aínda que está previsto que os cidadáns poidan propor máis temas.
Máis información:
https://ec.europa.eu/commission/presscorner/detail/es/ip_21_1065
https://ec.europa.eu/info/files/joint-declaration-conference-future-europe_es